En Hyundai utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios para ofrecerle una experiencia de navegación más personalizada y poder mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información sobre nuestra política de cookies aquí.

Aceptar

Eventos

Concertos Lugo Ágora Son 2017

17-05-2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; e ao Xerente de Ditramotor, concesionario oficial de Hyundai España , Marcos Gay Rey; presentaron o pasado xoves 18 de maio no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Lugo Ágora Son. Trátase da iniciativa que organiza o Goberno da Deputación, e que conta coa colaboración do Concello de Lugo, e Ditramotor,  o concesionario oficial de Hyundai España en Lugo,  coa que ofrecen un ciclo de concertos, totalmente gratuítos, durante os meses de maio e xuño, que se celebrarán en distintos espazos da capital da provincia.

García Porto subliñou que “con este tipo de iniciativas, dende o Executivo Provincial, ofrecemos aos lucenses, unha programación musical, totalmente gratuíta, ao mesmo tempo que promocionamos e impulsamos o traballo dos artistas galegos, ademais de  dinamizar a economía da cidade. Este ciclo de concertos, supón o inicio das actividades lúdico-culturais, que dende o Goberno da Deputación, como todos os anos, achegamos a todos os veciños da provincia, durante os meses de verán.”

Pola súa parte, Basadre Vázquez, amosouse satisfeita por esta programación, “froito dunha colaboración público-privada, que ten por obxecto ofrecer actividades en beneficio da veciñanza”. Así mesmo, convidou á cidadanía a gozar dos concertos que encherán de contidos culturais atractivos as prazas da cidade.

Programación

19 de maio de 2017
21:00 horas, na Praza Campo Castelo, actuará o grupo lucenses Carta de Ajuste, composto por David Taboada e Salfu Valdés. Durante o concerto repasarán temas das décadas dos 80 e 90.

Data pendente de confirmar
A data na que actuará o artista Vizcaino na que ía presentar o seu novo disco "Diáspora" está aínda pendente de confirmar. A súa actuación estaba prevista para o día 26 de maio de 2017, pero tivo que ser anulada por cuestións meteorolóxicas.

Data pendente de confirmar
A data na que actuará o grupo ferrolan Los Alcántara composto por Al Vila, Cabe, La super pota e Edu Rubiales. Esta actuación tamén tivo que ser anulada por cuestións meteorolóxicas.

9 de xuño de 2017
22:30 horas, na Praza de San Marcos, para clausurar o Lugo Ágora Son, actuará a artista galega Mercedes Peón. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. É creadora de espazos sonoros para danza e documentais. Foi Premio Nacional da Música no 2008.